Cocorico (galego)

Edad: 3 a 6 años
Autor: Núñez, Marisa
Cocorico é o causante da furia do gato, ao non lle deixar ren da merenda. Menos mal que Mamá Galiña virá en auxilio do seu pequeno e Cocorico finalmente aprenderá unha valiosa lección.
Ver más
14,90 €
Impuestos incluidos
Cantidad
Cocorico é un pitiño que vive feliz coa súa nai. Un día que Mamá Galiña vai facer biscoito, o pitiño ofrécese a ir pola leña para acender o forno. Cando está en plena faena, aparece un gato enorme e malvado que o quere devorar.
De milagre, Cocorico salva a vida porque lle promete que lle dará a metade da merenda. Mais, unha vez pasado o perigo, o lambón de Cocorico esquece o trato e come o biscoito enteiro. A mamá anóxase: vai vir Gato Pelado e vaite comer dun bocado! Nisto escoitan un ruído na porta: é Gato Pelado reclamando a súa metade de biscoito
Cocorico constitúe unha adaptación libre dun conto tradicional birmano co que os máis pequenos aprenden a compartir, a cumprir as promesas e a escoitar os consellos daqueles que saben máis.
Conto en galego.