Elmer (galego)

Edad: 3 a 6 años
Autor: McKee, David
A pel de Elmer é de moitas cores e, malia que quixera parecerse aos seus conxéneres, sempre será multicolor. Afortunadamente! Cumpridos 30 anos dende a súa publicación, este clásico da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea aborda con humor e simpatía as dificultades para aceptarnos tal como somos, recoñecendo e poñendo en valor o que nos diferenza dos demais.
Co apoio dos seus compañeiros, que aprezan a súa ledicia e simpatía, o tenro e entrañable protagonista desta serie mundialmente coñecida logrará superar a inseguridade, a tristura e o rexeitamento inicial que sentía polo seu aspecto. Unhas ilustracións cheas de colorido e contrastes, e un relato con tensión narrativa ben resol
Ver más
15,00 €
Impuestos incluidos
Cantidad
A pel de Elmer é de moitas cores e, malia que quixera parecerse aos seus conxéneres, sempre será multicolor. Afortunadamente! Cumpridos 30 anos dende a súa publicación, este clásico da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea aborda con humor e simpatía as dificultades para aceptarnos tal como somos, recoñecendo e poñendo en valor o que nos diferenza dos demais.
Co apoio dos seus compañeiros, que aprezan a súa ledicia e simpatía, o tenro e entrañable protagonista desta serie mundialmente coñecida logrará superar a inseguridade, a tristura e o rexeitamento inicial que sentía polo seu aspecto. Unhas ilustracións cheas de colorido e contrastes, e un relato con tensión narrativa ben resolta, fan desta obra un recurso imprescindible para primeiros lectores.
Conto en Galego