O camiño

Edad: 3 a 6 años
Autor: Nuñez Alvarez, Maria Luisa
O camiño é longo. Ás veces vai dereito; ás veces, torto.. Nalgunha ocasión sentes que alguén avanza a carón de ti e vas alegre, ao seu paso, como voando xuntos a cabalo dun ganso salvaxe. Hai momentos nos que non dás andado: parece que levas zapatos de ferro! O camiño dá a súa colleita. Proxectamos longas viaxes, anhelamos lugares, procuramos metas.. pero a verdadeira experiencia está no camiño mesmo: cada treito, cada momento, cada tropezo, cada descubrimento... Coma se do camiño da nosa vida se tratase, este álbum traza o carreiro polo que transitamos. Sempre haberá quen vai por diante; outros seguirán as nosas pegadas; haberá momentos de encontros, tamén de despedidas...
Ver más
14,90 €
Impuestos incluidos

Un álbum que nos dá pistas sobre a necesaria capacidade de superación para afrontar dificultades, o ánimo para seguir adiante e o esforzo e a confianza nun mesmo, imprescindibles para recoller os froitos dese sendeiro da vida. Tamén algún consello: non encher de máis a mochila, deixar atrás o innecesario, recoller sementes, mirar o ceo..
Mariona Cabassa, acompaña dun xeito poético estaruta continua, entretecendo as páxinas cunha senda vermella que atravesa paisaxes nos que podemos ver reflectidos distintos estados emocionais, e un percorrido temporal marcado tamén coa presenza dos paxaros: se nos deixamos fascinar polo voo das aves, quizais poidamos sentir as súas ás.

Conto en galego.