Benxamín, o cachalote que queia ser golfiño

Edad: 1 a 3 años
Autor: Carballeira, Paula / Millán, Blanca
Ver más
15,95 €
Impuestos incluidos
Cantidad
Na illa de Ons vive Benxamín, un pequeno cachalote que devece por saltar, cantar e recitar poesía. Benxamín quere ser coma os golfiños, que son os únicos que o fan. Pero, por máis que Benxamín o intenta, só a súa amiga, a tartaruga Minerva, que aínda que lle chaman boba é moi lista, o escoita e lle sorrí. Un día, Benxamín enferma de tristura, e todas as gaivotas escuras, os araos, os ratos desde as tobeiras e ata os morcegos desde as covas están moi preocupados. Coa axuda da súa amiga Minerva argallan un plan para que Benxamín volva estar alegre e contento. Unha fermosa historia para coñecer un pouco máis a fauna e a flora das Illas Atlánticas a través da historia de Benxamín, un divertido representante dos cachalotes que habitan na illa, demóstrase que se pode conseguir o que se desexa se segues os teus soños.