Nuestra tienda usa cookies para mejorar la experiencia de usuario y le recomendamos aceptar su uso para aprovechar plenamente la navegación.
Más información
Gestionar cookies
Xirafiña, Elefantiño, Papagaio, Tigriño, Moniña, Rinoceronte e Gaceliña pídenlles ás súas familias (papá e mamá, dous papás, dúas mamás, avós) que apuren o paso. O Sol está comezando a poñerse e chegou a hora de durmir. O libro de cartón inclúe un código QR para poder escoitar o arrolo cantado pola autora, narradora e psicóloga Alicia Acosta. A ilustración, da man de Mar Ferrero, amósanos as familias diversas que en bicicleta, en monopatín, correndo ou mesmo en avioneta regresan aos seus fogares ao final do día.