Quen son? Crías de animais - Europa

Edad: 3 a 6 años
Autor: Pelayo, Isabel / Gutiérrez, Xulio / Martínez, Pilar / Heras, Chema
A serie -Quen son? Crías de animais- presenta varias especies de mamíferos e de aves agrupadas por continentes para inspirara curiosidade pola fauna e polo coidado da natureza dende as primeiras idades.
Ver más
14,00 €
Impuestos incluidos
Cantidad
A serie - Quen son? Crías de animais - presenta varias especies de mamíferos e de aves agrupadas por continentes para inspirar a curiosidade pola fauna e polo coidado da natureza dende as primeiras idades. Cada título inclúe sete crías: con textos sinxelos e descritivos, acompañados dunha suxestiva ilustración, cada unha preséntase cunha adiviña e establece un diálogo directo e activo coas lectoras e cos lectores; o enigma resólvese ao pasar a páxina, onde aparece coa súa familia no seu hábitat natural, ampliando a información sobre a contorna, os costumes e as características físicas dos adultos. Son textos científicamente rigorosos que plasman a realidade da natureza de forma doada e comprensible, ademais de amosar a biodiversidade e as distintas formas de crianza. Realizadas con grafito e suavemente coloreadas, as imaxes son realistas e de gran detallismo, fieis a os canons da ilustración científica, e destacan pola expresividade e pola tenrura dos protagonistas.

Libro en galego.